@s galeg@s gastamos 544 millóns de euros nas comecartos, un 83% que o ano anterior

Galiza é un dos poucos territorios do Estado onde aumentaron os ingresos destas máquinas. 

comecartos

Nas máquinas B (coñecidas como comercartos) xogaron @s galeg@s en 2012 por volta de 544 millóns de euros. Un 83% máis que no exercicio anterior (297 millóns). E xa nese 2011 houbo un incremento dos cartos xogadores nesas máquinas en comparación co ano anterior, 2010 (278 millóns).

Estes datos, citados por Economía Digital, están recollidos no informe elaborado pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. Entre esas cifras, tamén se apunta a que a contía dos premios repartidos o ano pasado foi de 408 millóns de euros. No ano anterior, 2011, foran 2222 millóns.

Porén, e no que atinxe aos casinos existentes en Galiza, houbo unha queda nos ingresos de máis dun 30%, segundo cita este mesmo medio.

Xigantes do sector

Galiza dispón de dúas das grandes empresas do Estado no eido das máquinas b e o xogo: Egasa e Comar. Aliás, no país hai diferentes empresas pequenas e medianas relacionadas con este sector, unha trintena das mesmas está na Asociación Galega de Empresas Operadoras. Cada máquina comecartos está gravada cun imposto fiscal de por volta de 4.000 euros

Comentarios