Pescanova recorre a destitución do seu consello decretada polo xuíz

Pescanova presentou un recurso de reposición ante o Xulgado número 1 de Pontevedra contra o auto polo que se afastaba da xestión da empresa ao consello de administración, por entender que non valora axeitadamente as "gravísimas consecuencias" que se derivarían desta decisión

Fernández de Sousa non quere soltar Pescanova. A decisión do xuíz de afastalo da presidencia, e ao consello de administración, no concurso de acredores non lle sentou moi ben ao até non hai moito todopoderoso empresario. 

 "A resolución non valora axeitadamente as gravísimas consecuencias que resultarán da drástica decisión de suspender as facultades de administración e disposición dos actuais administradores de Pescanova", sinala a empresa no recurso de reposición.

A multinacional considera que os motivos do auto "non xustifican a sustitución d régime normal nun concurso voluntario", ou sexa, o de intervención por parte de administradores concursais, polo acordado polo Xulgado, que é o de "suspensión do exercicio do deudor das súas facultades de administración".

Comentarios