Nos últimos seis anos o recibo da luz encareceuse nun 70% e xa é o máis caro de Europa


@ usuari@ medi@ pasou de 2007 até agora a pagar polo recibo da luz perto de 400 euros máis ao ano. Un incremento para nada alleo a políticas enerxéticas erráticas, a intereses das grandes emprensas e ao déficit que recaen no peto da cidadanía

O recibo da luz disparouse nestes seis anos case nun 70%, un incremento que sitúa este abono entre os máis caros de Europa. Se entre 2006 e 2011 no Estado español o recibo da luz aumentou exactamente nun 69,9%, nese mesmo período ese alza foi do 20 por cento en Europa e do 13 por cento na coñecida como zona euro.

Aliás, o Estado español mantén unha débeda co conxunto do sistema eléctrico (as empresas) duns 24.000 millóns de euros. Un caso insólito en Europa e que explica en boa medida os continuos incrementos desta tarifa, que repercuten de forma directa no peto da cidadanía. Neste ano en curso, o recibo da luz xa tivo varias subas (do 7 por cento en abril e do 4 por cen en xullo) 

Entre 2006 e 2011 no Estado español o recibo da luz aumentou exactamente nun 69,9%, nese mesmo período ese alza foi do 20 por cento en Europa

Desfase

Se en abril de 2007 @ usari@ medi@ pagaba menos de 49 euros ao mes, en 2012 esa cifra disparouse. Segundo os propios cálculos de organizacións de consumidor@s, desde entón até a actualidade un ou unha usuaria abona de media pola volta duns 370 euros máis ao ano pola luz.

Cómpre lembrar que en agosto as compañías eléctricas comezaron a incluír nas facturas un recargo adicional, após a sentenza do Tribunal Supremo que obrigaba a revisar a alza as peaxes da luz.

Comentarios