CIG denuncia o impacto do Real Decreto que permite á administración despedir o seu persoal

A federación de administración da CIG sinala que o RD implica unha liberalización das causas de despedimento na administración, para alén de facilitar a estas o despido dos e das súas empregadas sen xustificación algunha. “É unha ferramenta máis para levar a cabo o seu plan de eliminación e externalización dos servizos públicos para a súa entrega ás empresas privadas”, conclúen, á vez que advirte dos prexuizos para a cidadanía, abocada a ter menos e piores servizos
San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar o Real Decreto no que se desenvolve o procedemento de despedimento colectivo nas administracións públicas. Unha desas liñas vermellas que, como tantas outras, están a ser traspasadas polo goberno español coa excusa da austeridade e do combate á crise. O RD implicará, a xuizo da CIG-Administración, acelerar o proceso de desmantelamento dos servizos públicos e provocar unha masiva destrución de emprego. Aliás, supón rachar co principio básico de que as administracións públicas non desenvolven ningún tipo de negocio e que a súa función é atender intereses xerais a través da prestación de servizos públicos.

Co Real Decreto, manifesta a central nacionalista, non só se ataca aos e ás empregadas públicas, senón que tamén se causa un importante prexuizo á cidadanía, que notará estas medidas en menos servizos públicos, de pior calidade.

“É unha carta branca para que a administración en cuestión poida facer e desfacer como lle veña en gana”.

Equiparación coa privada

Coa nova regulación  faise unha total liberalización das causas para poder facer despedimentos dentro das administracións públicas e dálle plena potestade a calquera administración para despedir sen ningunha xustificación. Unha das causas recollidas no RD é a redución do gasto orzamentario ou a existencia de minoración de achegas económicas, para o que abonda que os ingresos diminúan nun 5% no exercicio corrente. “É unha carta branca para que a administración en cuestión poida facer e desfacer como lle veña en gana”.

Para os EREs nas administracións imposibilítase e prohíbese, ademais, calquera negociación de medidas menos lesivas, como se fai no sector privado.

Para os EREs nas administracións imposibilítase e prohíbese, ademais, calquera negociación de medidas menos lesivas, como se fai no sector privado. “Mesmo quedan prohibidas medidas como a proposta de redución de xornada ou a suspensión temporal de emprego”.

Para a central sindical, deste xeito a administración ponse ao mesmo nivel que unha empresa sometida as leis de mercado e que ve comprometida a súa viabilidade por razóns de competencia. “O problema da viabilidade das administracións públicas vai máis alá do deseño dun plan que permita a mellora dos ingresos --control da fraude fiscal, pagamento de impostos dos que máis teñen, así como un eficaz control do gasto público”.

Na Galiza, o primeiro ERE no estado español nunha empresa pública

A CIG que en Galiza xa se realizou o primeiro ERE nunha empresa pública dentro do estado español, Seaga, e que a administración xa foi, nese caso, xuíz e parte. Fixéranse tamén, dentro do Estado español algúns EREs dentro das administracións locais --concellos-- máis todo iso estaba a ter unha mesma resposta nas distintas sentenzas que sobre isto hai, nas que se conclúe que os EREs constitúen medidas limitadas á actividade empresarial ou entidades que perseguen a obtención de lucro.

Comentarios