"Isto é un atraco"

Afectad@s polas preferentes protestaron polas rúas de Pontevedra. Agora pensan ir a Silleda ao Congreso do PPdeG da provincia.

Milleiros de persoas percorreron as rúas da cidade de Pontevedra en protesta polas útimas informacións en relación ao calote das preferentes e as subordinadas. A dramática situación económica pola que pasan moitas das familias estafadas viviuse hoxe na cidade do Lérez con berros de "ladróns" e "mans arriba, isto é un atraco". 

A manifestación comezou ás 10:30 horas convocada por varias plataformas de afectad@s e pasou pola Deputación de Pontevedra. Na manifestación participaron representantes políticos del BNG, PSdeG e AGE. Xavier Vence, portavoz nacionalista, dixo aos medios de comunicación que o que está a acontecer é "unha expropiación dos aforradores para favorecer a unha minoria que fixo unha xestión financieira desastrosa". 

A noticia de que as persoas defraudadas polas participacións preferentes de Nova Galicia Banco ficarán sen o 43% dos seus aforros e no caso das participacións subordinadas do 41%, indignou aínda máis a est@s pequen@s aforrador@s. A súa intención agora é ir a Silleda ao Congreso do PPdeG da provincia, onde xa hai varios centos de persoas arrodeando o recinto feiral da Semana Verde.

Comentarios