A xornada: un Dépor 'tocado' e co pesadelo do descenso e un Celta que soña con Europa

O Deportivo perdeu co Elche (4-0) un partido que non podía perder no tramo decisivo da Liga. O Celta venceu o Málaga (1-0).

Depor elche

O Deportivo perdeu fronte o Elche un partido que non podía perder. Como hai catro anos en Xixón ou hai dous en Valladolid, encontros nos que se xogaba moito, moito máis que 3 puntos. O Dépor encaixou unha derrota das que doen, non só polo resultado (4-0) ou por estar en zona de descenso, senón porque a imaxe do equipo foi de abulia. O propio adestrador deportivista recoñeceu na sala de prensa, após o encontro, que o Elche fora “superior en todo”. A seguinte cita é na casa e contra o Vilareal, un rival a temer.

Os xogadores do Dépor non estiveron ao nivel do que se exixía nun encontro que todos e todas na Coruña tiñan moi claro que non se podía perder. No minuto 20 xa perdía o Deportivo 2 a 0 e o equipo coruñés non xerou a súa primeira ocasión até a media hora de partido, cun remate de Oriol Riera. Os xogadores deportivistas non facían acto de presencia nunha cita chave para a permanencia do club. Algo que, finalizado o encontro, foi moi recriminado nas redes sociais.

Ficha Técnica

4 - Elche: Tyton; Damián Suárez, David Lombán, Enzo Roco, Domingo Cisma; Mosquera, Pasalic, Aarón (Adrián, m. 67), Fayçal Fajr (Coro, m. 87), Vïctor (Garry Rodrigues, m. 83); e Jonathas.

0 - Deportivo: Fabricio; Juanfran, Lopo, Sidnei, Luisinho; Álex Bergantiños, Borges, Juan Domínguez (Salomão, m. 55), Cavaleiro (Toché, m. 67), Lucas Pérez (Fariña, m.63) e Oriol Riera.

Árbitro: Álvarez Izquierdo. Cartón amarelo a Lopo y a Luisinho (Dépor) e a Damián Suárez (Elche).

O Celta, retomando o soño europeo

Partido intenso o que disputaron Celta e Málaga en Balaídos e co que os celtistas alimentan o soño europeo. Un gol de Nolito a 2 minutos do final e após gran xogada de Santi Mina, pon o Celta nunha situación para soñar coa volta de Galiza a competicións europeas.

Celta Málaga

Foi un encontro no que o dominio celeste non afogou un Málaga que tamén pelexou pola vitoria. Mais -e após 2 remates ao pau- a bola entrou na rede andaluza.

Ficha técnica

1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, min.71), Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, min.63), Nolito e Charles (Larrivey, min.79)

0-Málaga C.F: Kameni, Torres, Welligton, Angeleri, Rosales, Horta Castillejo, min.54), Tissone, Duda (Juanmi, min.63), Darder (Recio, min.88), Samuel e Amrabat,

Goles: 1-0, mi.88: Nolito

Árbitro: Alejandro José Hernández, do comité das Palmas. Amonestou a Augusto, Álex López, Darder, Juanmi, Tissone, Welligton, Recio

Campo: Balaídos:,17.205 espectadores

Comentarios