Os Xogos Olímpicos teñen nova data: 23 de xullo de 2021

Os Xogos Olímpicos de Toquio xa teñen nova data, logo do adiamento anunciado polo comité organizador a pasada semana.
El primer ministro de Japón, Shinzo Abe, en una reunión internacional

El primer ministro de Japón, Shinzo Abe, en una reunión internacional


2/6/2020
photo_camera O primeiro ministro nipón, Shinzo Abe (Foto: Europa Press).

Os Xogos Olímpicos de Toquio comezarán o 23 de xullo de 2021. Así o confirmou o comité organizador nunha rolda de prensa o seu presidente, Yoshiro Mori.

"Debido á situación do coronavirus, tamén críamos que era mellor que os Xogos fosen no verán", engadiu o presidente do comité organizador sobre a necesidade de dar tempo a que se normalice a situación.

Os vindeiros Xogos tiñan previsto comezar o 24 de xullo deste ano, mais a pandemia da COVID-19 obrigou á súa suspensión –feita pública a pasada semana- por diversos factores, como as restricións aos desprazamentos ou os impedimentos para a correcta preparación física das atletas.

Comentarios