sábado 23/10/21

Adrián Ben, quinto e diploma olímpico nos seus primeiros Xogos

O atleta de Viveiro acabou quinto a final dos 800 metros en Toquio 2020 no día do seu aniversario.
Adrián Ben (Foto: RTVE).
Adrián Ben (Foto: RTVE).

Adrián Ben acadou un quinto posto na final dos 800 metros cun tempo de 1:45:96. Diploma olímpico para o de Viveiro que, con esta marca, culmina unha participación histórica nos Xogos Olímpicos de Toquio ao rematar entre os cinco mellores atletas, a catro centésimas da cuarta praza e dúas por diante da sexta.

O kenyano Emanuel K. Korir gañou o ouro cun tempo de 1:45:06. Completaron o podio o tamén kenyano Ferguson Rotich e do polaco Patryk Dobek. Cuarto, por diante de Ben, o australiano Peter Bol.

Primeira final nos 800

Adrián Ben conseguiu o pase para a final de 800 metros o pasado domingo, tras unha gran remontada que lle permitiu superar os seus rivais cun tempo de 1:44.30, a mellor marca dun atleta representante da delegación española nuns Xogos Olímpicos.

Pero ademais de facer historia con este rexistro, a súa segunda mellor marca persoal, Ben converteuse no primeiro atleta galego e no primeiro representante de España en acadar un posto nunha final olímpica de 800 metros.

comentarios