Os xogadores do Lugo estiveron dúas horas retidos no estadio do Girona dúas horas despois do final do partido. Un centenar de seareiros locais impediron ao equipo galego abandonar o Municipal de Montilivi após o Lugo empatara no minuto 91 deixando sen o ascenso directo ao conxunto catalán.
O encontro estivo marcado pola polémica. No tempo engadido, o colexiado anulou por fóra de xogo un gol do Girona. O xuíz de liña, que acertou na decisión, recibiu o golpe dunha botella desde a bancada e o partido suspendeuse. Co adestrador do Lugo, Quique Setién, en rolda de prensa e os xogadores no vestiario, o árbitro reanudou o encontro para xogar os 40 segundos que restaban.
Unha polémica que medrou coas declaracións de Francisco Sandaza, ex futbolista do Lugo, que insinuou que o equipo galego estaba primado:
"Siento que me han quitado algo que era mío. Me han faltado al respeto riéndose en mi puta cara". Fran Sandaza https://t.co/7vuIYoaDQl
— La casa del fútbol (@casadelfutbol) 7 junho 2015