Cinco xogadoras do Burela FS entran na listaxe da selección española

A selección contará con nove deportistas que militan en equipos da Galiza.
Irene Samper nun encontro diante co Burela FS (PRFS).
photo_camera Irene Samper nun encontro diante co Burela FS (Foto: PRFS).

A selección española de fútbol sala feminino tira de boa parte do Pescados Rubén Burela FSF para formar o seu equipo. Até cinco xogadoras das dezaseis que compoñen a convocatoria ao equipo galego. Algunhas como Peque, Ale de Paz e Dany, xa estiveron convocadas pola seleccionadora, Claudia Pons. Agora a chamada chegou para as recentes fichaxes de Irene Samper e Elenita.

As xogadoras estarán concentradas en Madrid durante case tres semanas, entre o 18 de agosto e o 5 de setembro, que viaxarán até a República Checa para enfrontarse nun dobre duelo de preparación contra o combinado checo. Os partidos disputaranse os días 3 e 4 de setembro nas cidades de Praga e Pilsen. 

O outro equipo con máis achegas de xogadoras é o Futsi Atlético Navalcarnero que tamén participa con outras cinco deportistas convocadas: a porteira Marta e as xogadoras de campo Amelia, Ana Luján, Vanessa Sotelo (recentemente fichada do Alcorcón FSF) e Irene Córdoba.

O resto da convocatoria fórmana as porteiras Silvia (Ence Marín Futsal), Caridade (Poio  Pescamar) e Cristina ( STV  Roldán FSF) e as xogadoras de campo Jenny Lores (Ourense  Envialia), Melli (Universidade de Alacante) e  Benete (Móstoles FSF). 

Samper incorpórase ao Burela FS

Irene Samper Bilbao vestirá a camisola laranxa do Pescados Rubén Burela FS nas canchas a próxima tempada. A campioa de Europa, asidua da Selección Española desde 2017, chega á Mariña procedente do AD Alcorcón FSF.

Despois de seis tempadas en Madrid. No seu palmarés figuran o título de segunda división da liga estatal  (2014/15) e outros coa selección española, como o Torneo IV Nacións (2017) e a Eurocopa (2019).

Irene Samper é a segunda incorporación das campioas da Liga, Copa da Raíña e Supercopa de España, xunto ao feche da alacantina Elenita que fichou hai uns días cun contrato que a vincula ao Burela até o ano 2023.

Comentarios