mércores 23/09/20

A ximnasta galega Melania Rodríguez, fóra dos Xogos

Pese a que a disputa dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 segue no aíre, a pontevedresa Melania Rodríguez, subcampioa do mundo na disciplina de duplo mini-trampo, ten practicamente os dous pés fóra logo da suspensión do Campionato de Europa que tiña previsto desenvolverse en Suecia. 

 

Melania Rodríguez, durante o Mundial no que logrou a medalla de prata (Foto: RFGX).
Melania Rodríguez, durante o Mundial no que logrou a medalla de prata (Foto: RFGX).

Melania Rodríguez, unha das maiores esperanzas galegas de medalla nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, está practicamente fóra da proba. Proclamada subcampioa do mundo en novembro de 2018, no Campionato Mundial de San Petesburgo, as esperanzas da pontevedresa para participar nos Xogos pasaba polo Europeo, que vén de ser suspendido.

Segundo informou a Federación Europea de Ximnasia, o Campionato de Europa, que tiña previsto desenvolverse na localidade sueca de Göteborg entre os días 7 e 10 do vindeiro mes de maio, queda suspendido a causa do coronavirus.

O Europeo era a derradeira opción que lle quedaba a Melania Rodríguez para lograr a clasificación olímpica, despois de non conseguilo na pasada Copa do Mundo. 

A esperanza para a ximnasta galega pasa agora porque a Federación Europea estabeleza unha nova data para o torneo cando pase a crise do coronavirus.

comentarios