Will Magnay chega ao Obradoiro días antes do partido co Real Madrid

Procedente da liga Australia, Mafnay achegará "defensa, rebote e taponar os tiros". O club compostelán agarda unha rápida adaptación
Will Magnay, no centro (Foto: Obradoiro).
photo_camera Will Magnay, no centro (Foto: Obradoiro).

O Obradoiro presentou cuarta feira oficialmente a Will Magnay, co que chegou a un acordo até o final desta tempada. Trátase dun pivote de 2,08 metros e 24 anos procede dos Tasmania JackJumpers, cos que promediou 6.0 puntos (61.4% en tiros de dous, 20.0% en triplos e 61.1% en libres), 4.1 rebotes e 1.0 tapóns en 17.6 minutos (21 partidos xogados) na liga Australia

O director xeral do club compostelán, José Luis Mateo, explicou que "despois dunhas semanas en mercado, tomamos a decisión de fichar a Will, aínda que tivésemos que esperar á finalización da súa competición en Australia”.

O interese do Obra ten que ver, segundo o propio club, “coa súa capacidade de adaptación e asimilación de conceptos en pouco tempo que determinará o seu impacto no xogo do equipo”. 

Un reto persoal

Pola súa parte, o xogador recoñeceu que escoitou “cousas moi boas sobre o adestrador, o club e a cidade” e xogar na ACB “é un reto persoal, tanto físico como mental, e apetecíame probar esta nova experiencia nunha cidade, cultura e país distintos”.

Ademais, tamén falou sobre que achegará ao equipo: "defensa, rebote e taponar os tiros".

Tamén podo lanzar triplos. Sempre tento traballar duro para dar a miña mellor versión, achegar ao equipo e pelexar pola vitoria". 

Magnay terá como primeiro reto o Real Madrid nunha Caldeira coas entradas esgotadas e confesou sentirse "emocionado. Encántame xogar partidos deste nivel ante grandes equipos,  non podería ter mellor inicio que ante un equipo como o Real Madrid.

Teño ganas de xogar este partido, e creo que o equipo e a cidade pensa o mesmo". 

O Obradoiro aproveitou tamén para presentar a nova camiseta que recupera a que empregou o equipo na tempada 1973-1974.

Comentarios