Vota polas mellores atletas galegas!

A Federación Galega de Atletismo abre as votacións para escoller as mellores atletas durante o curso 2018/19.

A pesar de non contar con ritmo de competición, Ana Peleteiro é a gran favorita no triplo salto. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ana Peleteiro é unha das grandes cantidatas a arrasar nos premios de Federación Galega de Atletismo (Foto: Nós Diario).

A Federación Galega de Atletismo vén de anunciar que, como todos os anos, xa se pode participar no proceso de selección das e dos mellores atletas galegos.

Neste ano 2020, e dadas as circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia do coronaviruas, a gala non vai poder celebrarse, máis iso non será impedimento para que se poidan seguir recoñecendo de maneira pública e oficial ás mellores atletas en cada unha das categorías estabelecidas.

O prazo para poder participar nestas votacións remata o día 15 de abril , a través do portal atletismo.gal. Para o nomeamento, cada categoría conta con criterios específicos entre os cales, como por exemplo, ter sido internacional, medallista nalgún Campionato do Mundo, de Europa ou do Estado, ou ter superado algún récord galego absoluto, entre outros.

Entre os máximos favoritos destacan os nomes de deportistas do nivel de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Adiaratou Iglesias ou Jean Marie Okutu.

Comentarios