VELOSO VENCE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

A Volta a Portugal é galega

A Volta a Portugal fecha con marcado sabor galego logo do trunfo do arousán Gustavo Veloso por segundo ano consecutivo e logo do terceiro posto para Marque e o cuarto para o moañés Delio Fernández.

ciclismo
photo_camera ciclismo

Galiza consolídase na Volta a Portugal. E é que por segundo ano consecutivo, Gustavo Veloso (W-52) foi o vencedor da Volta, seguido de Alejandro Marque (gañador da Volta 2013) no terceiro posto e de Delio Fernández no cuarto, quen non puido subir ao podio dada a avaría mecánica que sufriu onte.

A vitoria de Veloso na penúltima etapa xa o deixara como vencedor virtual. Aínda así, o ciclista de Vilagarcía de Arousa sacoulle máis de dous minutos ao portugués Jóni Brandao (Efapel) e ao estradense Alejandro Marque (Efapel) na táboa xeral.

Na clasificación xeral, Gustavo Veloso marcou 40:00:39h, seguido de Jóni Brandao a 2.12 minutos e de Marque a 2.19 minutos.

Comentarios