Viveiro será a sede do Estatal de Ciclismo Adaptado en Estrada

Viveiro será a sede do Estatal de Ciclismo Adaptado en Estrada.
A RFEC aprobou a concesión. (Foto: FGC)
photo_camera A RFEC aprobou a concesión. (Foto: FGC)

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión a data e sede do Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Estrada 2023.

A localidade de Viveiro foi a escollida para acoller, do 19 ao 21 de maio, un evento "sinónimo de paixón ciclista", como destaca a Federación Galega da modalidade. Na Mariña medirán forzas os mellores especialistas do Estado, entre os que se atopan algúns dos top do mundo, como Ricardo Ten ou Eduardo Santas, ademais de paraciclistas galegos de primeiro nivel como Iván Montero e Damián Ramos.

Narín incorpórase ao calendario da Copa Galiza

A II BTT Resistencia Cidade de Narón, fixada no calendario o próximo 15 de xaneiro de 2023, formará parte por vez primeira da programación da Copa Galiza, estan incluída entre as cinco probas puntuábeis que se sucederán a vindeira tempada en territorio galego.

Esta II BTT Resistencia Cidade de Narón levarase a cabo en Pedroso, nun circuíto circular de oito quilómetros con saída e meta na pista polideportiva da citada parroquia. Disputarase, tal e como indicou José Luís Fernández -membro do Club Ciclista Narón-, nas categorías de cicloturismo, elite, júnior, Máster, parellas, parellas mixtas e Sub-23 tanto na modalidade feminina como na masculina.

Delio Fernández e Samuel Blanco seguirán no Tavira

Tanto o ciclista de Moaña Delio Fernández como o seu compañeiro Samuel Blanco, de Redondela, continuarán correndo un ano máis baixo a disciplina do equipo Tavira portugués -que estará presente na Volta Á Galiza-, conxunto que na próxima campaña pasará a ser coñecido por razóns comerciais como AP Hotels and Resorts-Tavira.

Comentarios