Vingegaard gaña a segunda edición de O Gran Camiño tras arrasar tamén na crono

O ciclista dinamarqués tamén venceu na contrarreloxo final, mostrando unha gran superioridade.
Vinegaard foi o gañador do Tour de Francia 2022.
photo_camera Vinegaard foi o gañador do Tour de Francia 2022.

O dinamarqués Jonas Vingegaard deu unha exhibición monumental gañando a clasificación xeral do Gran Camiño e levando as tres etapas completadas, xa que a primeira non se desputou até o final por unha forte nevada a 20 quilómetros da meta.

O gran favorito ratificou os prognósticos na estrada e, ademais, laminou os seus rivais na montaña e no crono.

Na contrarreloxo de hoxe, entre Novo Milladoiro e a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela sobre 17,9 quilómetros, superou o especialista Rohan Dennis cruzando a meta final e gozando dun triunfo rotundo que o sitúa entre os máis grandes no ranking mundial deste deporte.

“Foi unha proba moi dura”, declarou, “na que a climatoloxía foi bastante protagonista. Estou moi satisfeito coa miña actuación e cos triunfos que conseguín. Foi unha carreira preciosa, aínda que o tempo non acompañou. 

 

O conquense Jesús Herrada rematou na segunda posición na xeral, completando unha gran contrarreloxo que rematou no Obradoiro que lle arrebatou o segundo posto ao portugués Rubén Guerreiro, que se mostrou forte na montaña pero que cedeu na contra.

 

Clasificación 4ª etapa

1. Jonas Vingegaard 23.47

2. Rohan Dennis a 0.35 

3. William Barta a 0.59

4. Bart Lemmen a 1.05 

5. Jesús Herrada a 1.06

6. Carlos Canal a 1.22 

7. Max Walker a 1.23 

8. Attila Valter a 1.24 

9.. Xabier Azparren a 1.28

10. David de la Cruz a 1.30

Clasificación final 'O gran camiño'

1. Jonas Vingegaard (DEN/Jumbo-Visma) 8.16.55 

2. Jesús Herrada (ESP/Cofidis) a 2.31

3. Rubén Guerreiro (POR/Movistar) a 2.48

4. Attila Valter (HUN/Jumbo-Visma) a 2.53

5. William Barta (USA/Movistar) a 3.01

6. Lukas Nerurkar (GBR/Trinity Racing) a 3.30

7. Simon Geschke (GER/Cofidis) a 3.39

8. David de la Cruz (ESP/Astana-Qazaqstan) a 3.40

9. Joaquim Silva (POR/Efapel) a 3.44

10. Rubén Fernández (ESP/Cofidis) a 3.53

Comentarios