Verónica Boquete, nominada ao Balón de Ouro

A galega dos Portland Thorns e Turbine Potsdam competirá entre as mellores futbolistas do mundo. 

Vero Boquete celebra o seu gol

A deportista compostelá foi nominada como finalista á mellor xogadora do ano pola Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) após unha tempada excepcional para a futbolista.

Após ficar ás portas da Champions League feminina co clube sueco de Tyreso foi fichada para xogar na liga dos Estados Unidos da man do Portland Thorns. Actualmente compite da Bundesliga coa equipa alemá FFC Francfort, Turbine Postdam. 

A dianteira galega, aos seus 27 anos, competirá polo galardón con algunhas das mellores futbolistas do mundo como Nadine Angerer, Nilla Fischer ou  Nahomi Kawasumi. 

O nome da gañadora coñecerase o 12 de xaneiro na cerimonia do Balón de Ouro. 

Comentarios