Vero Boquete ficha polo Bayern, actual campión da Bundesliga

A futbolista compostelá, recente gañadora da 'CHampions', afirma estar “moi emocionada, é o lugar perfecto para seguir a medrar”

vero bayern
photo_camera Vero coa camisola do Bayern

A futbolista galega Vero Boquete, recente gañadora da ‘Champions’ co Frankfurt, anunciou a través da súa conta de twitter (@VeroBoquete) que fichou polo Bayern de Múnich até o 2017. “Estou moi emocionada por este novo proxecto, nun novo equipo que aínda nin está completo. Quero partillar soños e ambicións coas miñas novas compañeiras e cadro técnico, e por suposto, seguir a medrar como xogadora. Creo que o Bayern é o lugar perfecto para poder facelo neste momento da miña carreira”, anunciou a futbolista de Santiago de Compostela.

Boquete tivo unha lembranza para o FFC Frankfurt, ao que quixo agradecer “o cariño e apoio” que recibiu, tanto do equipo como da “tremenda afección”. Vero xogou na elite do fútbol feminino en cinco países (Estado español, Estados Unidos, Rusia, Suecia, Alemañaa) e 8 equipos diferentes.

No semanario nº146 de Sermos Galiza entrevistamos Vero Boquete. Podes adquirilo aquí.

Comentarios