Vero Boquete dará nome ao compostelán estadio de San Lázaro

O Concello de Santiago anunciou en rolda de prensa que o estadio municipal de San Lázaro pasará a levar o nome da futbolista galega Verónica Boquete.

Vero
photo_camera A futbolista Vero Boquete

A deportista, nada en Compostela, é xogadora da Superliga chinesa, capitá da selección española de fútbol e embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino. Está mañá agradecía no seu Twitter a decisión do Concello, para ela o maior recoñecemento posíbel.

 

A decisión foi tomada antes de verán polos catro grupos do organismo municipal. Buscan homenaxear a súa traxectoria internacional e apostar polo deporte feminino.

Comentarios