Ventos de cambio e guerra na SD Compostela

Borja Iglesias e Esteban Granero incorporaranse á dirección do clube.
Borja Iglesias, Antonio Agrasar e Esteban Granero. (Fotos: Europa Press)
photo_camera Borja Iglesias, Antonio Agrasar e Esteban Granero. (Fotos: Europa Press)

A Sociedade Deportiva Compostela viviu os seus tempos de gloria entre 1994 e 1998, cando chegou a militar durante catro tempadas seguidas na Primeira División. Desde entón a afección capitalina padece unha travesía no deserto sen fin, cun carrusel de ascensos, descensos, desaparicións e refundacións.

Agora, a case 25 anos vista do adeus definitivo á máxima categoría, a actual xerencia do club informa de que vén de incorporar como "socios de número" o dianteiro galego do Betis Borja Iglesias —que é natural de Santiago de Compostela— o ex futbolista do Real Madrid Esteban Granero, e os empresarios Antonio Agrasar Cascallar, Ignacio Calles González e Juan Carlos de Andrés Carrero, que liderarán unha nova etapa á fronte do club.

Segundo engadiu o Consello da SD, a súa incorporación debe ser ratificada pola Asemblea Xeral do próximo 21 de decembro, e pediu á afección "tranquilidade e serenidade para afrontar uns meses que serán de transición antes de afrontar con toda a ilusión e optimismo os próximos anos".

Oposición frontal do ex presidente Quinteiro

O ex presidente Antonio Quinteiro está en contra da operación, e, "ante a negativa frontal e absolutamente inxustificada a facilitar documentación sobre os novos socios", presentou unha "querela penal" contra a dirección da SD.

Comentarios