Veljko Mrsic pide "sacrificio" aos seus xogadores ante o Zaragoza

O técnico do Río Breogán compareceu en rolda de prensa para analizar o partido contra o Zaragoza. O croata recoñece que o equipo ten ganas de volver gañar en Lugo
O adestrador do Río Breogán, Veljko Mrsic, na rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
photo_camera O adestrador do Río Breogán, Veljko Mrsic, na rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)

O Rio Breogán recibirá este domingo na casa ao Zaragoza (12.30 horas) para dar conta da xornada 23 da liga. O recentemente renovado técnico lucense, Veljko Mrsic, compareceu en rolda de prensa esta sexta feira para valorar o encontro e opinar da situación do equipo.

 

O adestrador croata asegurou que esta semana foi "boa” e “sen case problemas, excepto con Momirov” que se perderá o partido. Con respecto ao rival, Mrsic sinalou que "o Zaragoza cambiou equipo e adestrador durante a tempada e están a xogar un moi bo baloncesto. Ten un bloque con xogadores altos en todas as posicións".

Cre que para gañar o partido "os fundamentos son sempre iguais, usar faltas e non conceder puntos fáciles. Non ter perdas e estar concentrado ante un rival que ataca moi rápido e saca moitas faltas polo seu estilo de xogo”. 

Mrsic recoñeceu que o seu equipo ten ganas de volver gañar na casa e para facelo  "hai que facer as cousas ben”, asegurou, polo que pediu “estar concentrados e duros”. Por este motivo, pediu “o empuxe da afección” e, aos seus xogadores, que “hai que sacrificarse".

Comentarios