luns 06.04.2020

A valencianista Mari Paz, mellor xogadora galega

A dianteira do Valencia, Mari Paz Vilas Dono, foi proclamada por terceira vez, segunda consecutiva, como mellor xogadora galega durante a VII Gala do Fútbol Feminino Galego. 
As gañadoras da VII Gala de Fútbol Feminino Galego (Imaxe: Mónica Ferreirós)
As gañadoras da VII Gala de Fútbol Feminino Galego (Imaxe: Mónica Ferreirós)

A dianteira do Valencia, Mari Paz Vilas Dono, vén de recoller por terceira vez, segunda consecutiva, o trofeo a mellor xogadora galega, no marco da VII Gala do Fútbol Feminino Galego celebrada nesta sexta feira, 27 de decembro, un recoñecemento que fai mención á temporada 2018/19.

A este galardón a xogadora de Vilagarcía aínda lle sumou o premio de mellor gol, "grazas a un espectacular control e disparo colocado desde a frontal, co que bateu a De la Nava, culminando a virada do seu equipo contra o Logroño, en partido da xornada 18 disputado en Paterna", indican no comunicado lanzado desde a Revista do Fútbol Feminino Galego, entidade que fai parte da organización, "a segunda vez na que a xogadora leva este premio".

Así mesmo, os premios globais foron para o Deportivo, polo seu "incontestábel ascenso a Primeira División, como mellor equipo galego 2018/19"; para Zulema González, "única árbitra internacional galega, como mellor colexiada"; e Chivi García, do Victoria de Santiago, quen "como na anterior edición, levou o premio de mellor técnica galega", engaden,

Outra das grandes protagonistas da Gala foi a deportivista Tere Abelleira, xa que "por terceiro ano fixo o triplete, ao ser considerada mellor mediacentro dereita, mellor promesa e mellor xogadora galega de Segunda División".

Lis Franco recibe unha homenaxe pola súa traxectoria

A noite tamén foi motivo idóneo para homenaxear a Lis Franco pola súa traxectoria no Karbo, o Deportivo e as seleccións española e galega entre 1975 e 1988, ademais de ao Sp. Cambre, Brexo Lema e Once Caballeros, pola labor de promoción e desenvolvemento do fútbol feminino, e ao Concello de Cambre, que como institución recibiu o recoñecemento de ser “amiga do fútbol feminino”.

A gala, organizada conxuntamente polo Concello de Cambre e a publicación especializada, Revista do Fútbol Feminino Galego, tamén acolleu a proxección e estrea do documental “Liga do Condado, terra da fraternidade”, o cal narra a recuperación do fútbol feminino galego, na provincia de Pontevedra, hai 25 anos.

A relación de premiadas na VII Gala do Fútbol feminino galego é a seguinte

Segunda División Galega:

Guardarredes menos goleada: JUDITH María de Frutos Woetichen (Friol B)

Mellor goleadora: MELANIE García González (Boiro)

Primeira División Galega:

Guardarredes menos goleada: Patricia Casas Sampaio “HOUSE” (Umia)

Mellor goleadora: Catarina Vanessa da Silva MACHADO (Interrías)

Mellor xogadora: MÍRIAM DOMÍNGUEZ Marcos (Umia)

Segunda División:

Guardarredes menos batida do Gr. I: LAURA Gallego Silvente (Friol)

Mellor goleadora galega: NATALIA de Francisco Gómez (Matamá)

Once ideal:

Mellor guardarredes: CARMEN Sumay Dios (Victoria Santiago)

Mellor lateral dereita: CRISTINA Martínez Gutiérrez (Deportivo)

Mellor central dereita: Silvia MÉRIDA Ramírez (Deportivo)

Mellor central esquerda: ANDREA MIRÓN Castro (Friol)

Mellor lateral esquerda: SARA DEBÉN Mota (Matamá)

Mellor interior dereita: ROSALÍA Muíño González (Deportivo)

Mellor mediacentro dereita: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Mellor mediacentro esquerda: LARA Martínez Velázquez (Matamá)

Mellor interior esquerda: ALBA MERINO Sánchez (Deportivo)

Mellor media punta: Gabriela “GABY” Antonia GARCÍA Segura (Deportivo)

Mellor dianteira: Ainize Barea Núñez “PEKE” (Deportivo)

Mellor xogadora galega de Segunda División: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Premios globais:

Traxectoria histórica: Luisa Victoria de Fátima “LIS” FRANCO Iglesias (Karbo, Deportivo e seleccións española e galega: 1975/1988)

Mellor promesa: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Mellor colexiada: Zulema GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Ourense)

Equipo máis deportivo: S.D. BANDEIRA

Mellor técnico: Francisco Javier García Rouco “CHIVI” (Victoria Santiago)

Mellor gol: María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia), Valencia C.F. - Esc. F. Logroño: 2-1, (1ª División. Xornada 18 (27/01/2019): 2-1 minuto 72.

Mellor equipo: DEPORTIVO

Mellor xogadora galega 2018/19: María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia)

comentarios