Uxío Abuín gaña a Copa do Mundo deTongyeong de triatlón ITU

Uxio-Abuin_-CM-Tongyeong_Imaxe ITU media
photo_camera Imaxe ITU media

Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) rematou a tempada da mellor forma posible: O galego acadou o triunfo na Copa do Mundo de Tongyeong (Corea do Sur) nun emocionante sprint entre catro deportistas. Na categoría feminina, Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) foi 13ª, mentres que a súa irmá Melina (tamén de Tríatlon Ferrol) ocupou a posición 24.

Embora saír da auga con 11 segundos de desvantaxe, Uxío Abuín recuperou na bicicleta e logrou meterse no grupo principal, que estaba formado por 27 deportistas. A carreira rompeu cando quedaban por diante 5 quilómetros de carreira a pe. Axiña ficaron en cabeza dez homes, entre eles Uxío Abuín. Todo se decidiu no sprint final, no que participaron o galego se impuco a Matthew Mcelroy, Vladimir Turbayevskiy e Rostislav Pevtsov. Desta forma, Uxío logrou a primeira vitoria nunha Copa do Mundo.

Na categoría feminina, bo papel da galega Camila Alonso que logrou a 13ª praza nunha disputada competición cun tempo de 01:01:13. Pola súa banda, a súa irmá Melina foi 24ª, cun tempo de 01:02:25. A vitoria foi para a estadounidense Summer Cook.

Comentarios