Unzué, exadestrador do Celta, anuncia que ten ELA: “Estou forte mentalmente”

Di que deixa a actividade profesional para se centrar nesta enfermidade dexenerativa para a que actualmente non existe tratamento nin cura.

Unzué (RC Celta)
photo_camera Unzué (RC Celta)

Juan Carlos Unzué (Iruña, 1967) ten esclerose lateral múltiple (ELA). El mesmo anunciou esta quinta feira, nunha comparecencia no Camp Nou, que ten esta enfermidade neuromuscular dexenerativa para a que a día de hoxe non hai cura.

O exadestrador do Celta e outros equipos (Girona,Numancia) e exporteiro (Osasuna, Barça e Sevilla) anunciou que deixaba o fútbol e que ía centrase na súa familia e na procura de recursos para axudar a atopar remedios para esta enfermidade.

Unzué detallou pausadamente o seu estado de saúde: “É unha enfermidade que non ten tratamento nin cura e que me afecta todas as extremidades”. Mostrouse forte: “Asegúrovos que o levo ben, estou forte mentalmente para convivir con ela e síntome un autentico privilexiado polo que me deu a vida até agora e polo que poida facr a partir de agora respecto a estas enfermidades, que parecen invisíbeis mais están aquí”.

“Fichei por unha nova equipa, a dos pacientes do ELA. Terei moitos compañeiros, por desgraza. Somos uns 4.000 neste país”, manifestou.

O anuncio xerou unha vaga de solidariedade para co navarro, que recibiu numerosas mostras de apoio nestas horas, entre outras do propio RC Celta. 

Comentarios