Unha xornada na que os equipos galegos xogan máis que tres puntos

Celta e Deportivo teñen este sábado citas nas que se xogan moito máis que tres puntos. Os coruñeses co Xetafe e os vigueses co Osasuna. Mentres, o Lugo prepara o encontro de mañá contra o Córdoba, ao que venceu na primeira volta no Ángel Carro
Celta e Mallorca

A liga avanza e cada partido comeza a tomar forma de final para Celta e, sobre todo, Deportivo. As citas que teñen este sábado son moito máis que tres puntos. O Celta enfróntase ao Osasuna, ás catro da tarde no Reino de Navarra, equipo que está só a dous puntos dos celestes, polo que o resultado do partido podería provocar que os vigueses entrasen na zona de descenso e os navrros saísen dela. Unha baza do Celta é que Iago Aspas podería xogar o encontro, unha vez recibida a alta médica. 

Nas filas do deportivismo confían que a cita de hoxe ás 18:00 no Alfonso Pérez contra o Xetafe poida supoñer o comezo da recuperación do conxunto herculino. No encontro estrearase Kaká, a fichaxe de inverno dos coruñeses. Mentres, os madrileños afrontan a cita co apremio que dá levar dous meses sen gañar. Porén, levan 10 puntos máis que o Deportivo.

 Mentres, o Lugo ten a súa cita o domingo en Córdoba, equipa á que derrotou na primeira volta no Ángel Carro. Os lugueses van décimos, con 33 puntos, mentres que os andaluces ocupan o sexto posto e teñen 36. O partido comezará ás 17:00 horas

Comentarios