Unha vitoria perante o Granada colocaría o Celta a só dous pontos da liña da salvación

Estrea de Abel no banquiño nun novo partido decisivo para o Celta. 17 horas. Balaídos. Rival, o Granada. Unha vitoria colocaría o Celta a só dous pontos da liña de salvación.
Celta-Valladolid
photo_camera Celta-Valladolid

Non hai partidos cómodos no calendario. Todos son finais. É doado imaxinar o stress que se vivirá no vestiario celeste. Abel Resino, o novo treinador, tenta converter ese stress en enerxía -intensidade, a palabra de moda na zona baixa da táboa- para tirar o Celta dunha moi difícil situación.

Onte houbo boas noticias para o combo vigués. Caíron rivais directos na loita por safar. Se en algún lugar o Celta é forte ese é en Balaídos (dos 20 pontos que ten, 16 gañounos na casa).

Oubiña volta ao once titular e Abel podería trazar un 4-3-3 sobre o relvado, cun trivote ofensivo formado por Augusto Fernández, Orellana e un Iago Aspas que hoxe xogará sen a presión engadida de ter a un treinador que o cuestiona abertamente (cuestionouno Paco Herrera na xornada anterior e foi o último que fixo antes de ser cesado).

Comentarios