TV3 coloca a Luis Enrique no banquiño do Barça a troca de 3 millóns de euros para o Celta

Luis Enrique podería ser o treinador máis efémero da historia do Celta. Segundo informa a TV3, o Barcelona vai fichar o asturiano para substituír a Tito Vilanova. O ex treinador do Girona, Joan Françesc Ferrer Rubi, podería chegar de rebote a Vigo.

Luis Enrique
photo_camera Luis Enrique

A recaída de Tito Vilanova (está enfermo de cancro) podería producir a seguinte carambola: Luis Enrique, recén fichado polo Celta, iría ao Barcelona e o clube blaugrana ingresaría nas arcas do celeste 3 millóns de euros.

De acordo coa televisión pública catalá, a operación podería completarse coa incorporación de Rubi, ex treinador do Girona, ao clube vigués.

Rubi foi fichado polo Barcelona de forma temporaria para dirixir a equipa en cuanto non se concretizar a fichaxe do adestrador que sentará no banquiño blaugrana a próxima tempada.

Segundo a TV3, o Barcelona oferecería agora a Rubi ao Celta.

Comentarios