Trinta seleccións toman parte na 'Europeada', a Eurocopa das nacións sen estado

Coincidindo coa Eurocopa, decorre en xullo o título de campións dos pobos e minorías europeas. O rival a bater, e gran favorito, o combinado de Tirol do Sur, bi-campión.

fútbol deporte tirol europeada foto FUEN
photo_camera Tirol do Sur

Un total de 30 equipos de nacións sen estado e mimorías nacionais desputará en xullo a 'Europeada', un torneo de fútbol que vai concidir coa Eurocopa dos estados. Este campionato chega á súa terceira edición, dura 9 días e no mesmo combínasde o deporte con celebracións culturais. A 'Europeada' está organizada por FUEN; organismo europeo integrado por organizacións de 33 países europeos.

No torneo participarán combinados de Occitania, Tirol do Sur, Illa de Man (a pequena e descoñecida nación celta), Alta Silesia, Frisia, os romaneses co cantón suízo de Grisons, ou os tártaros de Crimea, entre outros. Non hai presenza de galegos, vascos ou cataláns.


Por primeira vez, competición feminina

Por primeira vez, nesta edición haberá tamén competición feminina, seis equipos, que participarán canda as 24 equipas masculinas.

Nas dúas edicións anteriores (2008 e 2012), a selección de Tirol do Sur foi a triunfadora. No primeiro caso após derrotar aos croatas de Serbia e a segunda após se impor aos xitanos de Hungría.

Info de Nationalia

Comentarios