As traiñeiras poñen proa á Unesco

O Congreso aproba solicitar á axencia da ONU que declare as regatas destas embarcacións Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.

Traiñeira Cabo

O Congreso aprobou unha proposta do deputado socialista e ex-alcalde de Donostia, Odón Elorza, para que o goberno solicite á Unesco a declaración das regatas de traiñeiras como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. A proposta contaca coa adhesión da Asociación de Clubes de Traiñeiras, que dirixe a máxima competición deste deporte, a Liga San Miguel ou ACT; onde compiten 2 traiñeiras galegas: Cabo de Cruz e Tirán. Tamén a Federación Galega de Remo amosou o seu apoio á proposta

Mais o arraigo desta deporte en Galiza non se limita a esas dúas embarcacións. Na Liga Galega de Traiñeiras compiten 14 clubes na modalidade masculina e 3 na feminina. Unha mostra da potencia dun deporte colectivo que chegou ao noso país da man dunha modalidade de pesca (a traíña) cuxa implantación a finais do XIX orixinou non poucas mobilizacións e protestas do mar na súa contra polos mariñeiros do 'xeito'. Foron as coñecidas como 'Guerras da Sardiña'.

Comentarios