A traiñeira de Mecos imponse na primeira regata do ano

Gaña por primeira vez o Memorial 'Pepe O Ruso' de Bueu, no que competiron 27 embarcacións. Ribeira gañou a regata feminina e Rianxo en veteranos.

mecos remo traiñeira
photo_camera Foto: Mecos-Isabel

Mecos meteu a bordo a primeira regata do ano e segunda da tempada, o memorial 'Pepe O Ruso', que leva catro edicións celebrandose en augas de Bueu. Nesta cita participaron un total de 27 traiñeiras.


Os grovenses marcaron un tempo de 20:26:82, sacando unha vantaxe de dous segundos á traiñeira de Cabo de Cruz, unha das grandes favoritas sempre e en calquera regata que se despute en augas de Galiza e mesmo fóra delas. Os de Cabo gañaron as edicións 2017 e 2018 deste memorial. O terceiro posto foi para Bueu, club organizador desta competición.


Na categoría feminina a vitoria foi para as remeiras de Ribeira e na de veteranos a traiñeira de Rianxo foi a que se fuxo co triunfo.


A finais do pasado mes de decembro desputouse a primeira regata de traiñeiras da tempada, o memorial Lagar, no que a vitoria foi para Cabo de Cruz, embarcación que este ano é a única representación galega na elite da ACT após o descenso de Tirán.

Comentarios