Todo ou nada en Old Trafford

O Celta cae en Balaídos perante o Manchester Utd (0-1) e vese obrigado a remontar para pasar á final da Europa League.

celta manchester
photo_camera Imaxe: RC Celta

O Celta perdeu o primeiro asalto mais non o combate, cuxa segunda parte terá lugar a vindeira quinta feira en Old Trafford, o ‘Teatro dos Soños’, que determinará quen pasará á final da Europa League. Un gol de Rashford mediada a segunda metade e cando mellores sensacións ofrecían os celestes certificou a derrota viguesa, que non foi máis ampla grazas a un Serxio colosal, que mantivo vivo o Celta na primeira parte.

O Celta terá que remontar, algo que sabe como se fai e amosou fronte ao Shakhtar. Para iso terá que mellorar o feito en Balaídos, onde o Manchester apenas se veu molestado. Foi un partido no que o Celta apenas xerou perigo e o nivel de presión dos ingleses foi moi alto.

Tiveron dominio do balón os celestes mais iso non se traduciu en ocasións. Cando mellor xogaban chegou o gol inglés. A partir de aí, o Manchester centrouse en defender o resultado, unha especialidade dos equipos de Mourinho. Haberá que agardar a Old Trafford para probar a consistencia do soño celeste.

Ficha técnica

Celta (0): Sergio, Hugo Mallo (Beauvue, min.91), Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.74), Iago Aspas, Guidetti, Sisto.

 Manchester United (1): Romero, Valencia, Bailly, Blind, Darmian, Pogba, Ander Herrera, Fellaini, Rashford (Martial, min.79), Lingard, Mikhitaryan (Young, min.78; Smalling, min.89).

 Goles: Rashford, min.67, 0-1.

 Árbitro: Sergei Karasev, de Rusia. Amoestou Hugo Mallo (Celta); Fellaini (Manchester)

 Campo: Balaídos (26.202 espectadores).

Comentarios