Traiñeiras: Kaiku bate na mesa, Tirán mantense firme, e Meira e Ares seguen de proa na LGT

A traiñeira sestaotarra recuperou esta fin de semana nas augas de Getxo e Zumaia o primeiro posto da Liga. Tirán mantense quinta e está a rexistrar unha temporada memorábel. Na Liga Galega, Meira, na categoría A; e Ares, na B; seguen a meter proa

 

Traiñeira de Perillo
photo_camera Perillo, vai de 3º na LGT-B

Máis un fin de semana de traiñeiras para aqueles que gocen delas. Fin de semana nos que Kaiku bateu forte riba da mesa e recuperou o liderato que perdera fronte a Orio en regatas pasadas. Os de Sestao non andaron con 'chiquitas' e o sábado en Getxo vogaron como se os levase o demo. Non é broma: metéronlle 25 segundos de vantaxe a Orio, un tempo que no mundo das traiñeiras é un todo un mundo. E este domingo, en Zumaia, os de Kaiku volveron triunfar mentres que Orio ficou sexta (por detrás de Portugalete, Astillero, San Juan e Tirán).

Tirán está a facer unha temporada de mérito. A representación galega na Liga San Miguel, cun orzamento moito menor ás grandes tripulacións, está a callar unha actuación loábel. Van quintos na xeral (deixando por popa a nomes de renome como Astillero, San Juan, San Pedro,...). En Getxo finalizaron sextos entre un total de doce, e en Zumaia, quintos, por diante de Orio, unha das grandes.

Mentres tanto, en augas galegas...

Tamén foi un fin de semana de competición en augas galegas, nas dúas categorías das que se compón a Liga Galega. Na clase A tivo lugar o domingo a Bandeira Reganosa, que a traiiñeira de Meira meteuse no papo. Gañaron a regata, por diante de Chapela, Amegrove e Cabo de Cruz. Na clasificación xeral, dos de Meira van de primeiros, o segundo posto é para Cabo e a terceira praza, para Chapela.

E no que atinxe á categoría B, a regata de Muros foi para Cabo B, que se impuxo por diante de Perillo e Pobra. Na xeral, iso si, a embarcación de Ares sigue líder.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios