I MEMORIAL PEPE ' O RUSO'

Tirán imponse na segunda regata da pre-temporada de traiñeiras

Disputouse en augas de Bueu. As tripulacións tiranesas 'B' e 'A' conquistaron os 2 primeiros postos e Coruxo finalizou terceira. Tomaron parte 12 embarcacións.

traiñeira tirán boa

Unha nova cita para a pre-temporada de traiñeiras galegas, o Memorial Pepe 'O Ruso', que este domingo celebrou a súa primeira edición en augas de Bueu. Doce embarcacións competiron en tres categorías, entre elas, a de veteranos e feminina.

A traiñeira Tirán 'B' foi a gañadora na regata principal, con 20' 15'', sacando catro segundos de diferenza á segunda, Tirán 'A' e case 15 segundos a Coruxo, que entrou terceira. Na categoría de veteráns o triunfo foi para a embarcación de Chapela e na feminina, para o barco de Cabo de Cruz. Na anterior regata de pre-temporada, o III Memorial Lagar (O Grove) a traiñeira gañadora foi a de Mecos, por diante de Tirán. Neste temporada da Liga Galega de Traiñeiras competirán 20 embarcacións, 12 na categoría A e 8 na B.

Comentarios