Tirán e Samertolameu triunfan no Campionato Galego de Traiñeiriñas

A tripulación de Tirán gañou na final senior masculina, a de Meira na feminina e en xuvenís a vitoria foi para a embarcación de Cabo de Cruz
Tripulación de Cabo en plena ciaboga. Foto: Todogrove.com
photo_camera Cabo en plena ciaboga. Foto: Todogrove.com

O remo galego tivo unha cita obrigada esta fin de semana en augas da Ría de Vigo, onde decorreu o Campionato Galego de Traiñeiriñas (embarcación de banco fixo con seis bogadores e un patrón/a). Mais unha vez, e nas tres categorías principais a competir (senior masculina, feminina e xuvenil) volveu amosarse a calidade e nivel competitivo das tripulacións de banco fixo na Galiza, un deporte que está a ter unha idade de ouro en canto a participantes e nivel debido en grande medida ao traballo e esforzo diario dos clubes.

Na categoría senior masculina, a tripulación de Tirán foi a gañadora, ondeando así por terceiro ano consecutivo a bandeira galega do campionato de traiñeiriñas. Moaña chegou en segundo posto, seguida polas embarcaciósn de Chapela (3ª), Vilaxoán (4ª) e Cabo de Cruz en quinta posición.

No que atinxe á categoría feminina, Samertolameu conquistou a primeira praza, aventaxando as de Moaña ás segundas clasificadas (Cabo de Cruz) en 33 segundos. O terceiro posto foi para as vogadoras de Bueu.

E xa por último, a bandeira na categoría xuvenil foi erguida pola tripulación da traiñeiriña de Cabo de Cruz, gañadora da final, ao superar a Amegrove (2ª), Esteirana (3ª, a 17 segundos) e Rianxo, que ficou en cuarta posición. A embarcación de Ares foi quinta.

Agora, a Castro Urdiales a polo estatal

A vindeira fin de semana terá lugar en Castro Urdiales (Cantabria) o Campionato estatal de traiñeiriñas. Galiza agarda obter un bo resultado, aínda que será difícil repetir o éxito acadado recentemente no estatal de bateis, onde as tripulacións galegas gañaron en absolutamente todas as categorías.

Comentarios