Tirán clasifícase para a quenda de honra de La Concha

Competirá coas traiñeiras de Kaiku, Urdaibai e Hondarribia. E as vogadoras da Galiza-Rías Baixas agardan conquistar a súa quinta bandeira consecutiva
photo_camera As vogadoras galegas. Foto: Diario Vasco

As augas de Donosti acollerán a vindeira fin de semana a regata de La Concha, a cita das traiñeiras por excelencia e para a cal se clasificaron nesta edición dúas tripulacións galegas (Tirán e Chapela, esta última a gran sorpresa), unha cántabra e cinco vascas. Realizada estes días a primeira xornada da Bandeira de La Concha, a quenda de honra queda conformada polas tripulacións de Kaiku, Urdaibai, Tirán e Hondarria. Gran papel dos vogadores galegos que lograron marcar o terceiro mellor tempo entre as oito traiñeiras en competición, superando a embarcacións como de gran historia no remo, como son as de San Juan e Astillero.

A outra representante galega, Chapela, finalizou sexta, polo que competirá na outra quenda, conxuntamente con San Juan, Astillero e Donostiarra.

En principio, todo parece apuntar a que Kaiku sexa a gañadora desta edición.

As nosas!!!

E xa no que atinxe á bandeira de La Concha en traiñeiras femininas, a representante galega ten moitas opcións de facerse coa vitoria, por quinto ano consecutivo. Desde que existe unha copetición de La Concha para embarcacións de mulleres, Galiza copou sempre o primeiro posto. Un mérito que lle recoñecen máis en Euskal Herria que na propia Galiza.

Nesta primeira xornada, a Rianxeira cruzou a liña de meta cun tempo de  10:35:64. Getaria-Tolosa foi case 10 segundos máis lenta, cunha crono de 10:45:12. Zumaia tivo que se conformar coa terceira praza (10:49:96) e as vogadoras de San Juan acabaron últimas (10:55:82).

Comentarios