domingo 05.04.2020

Teresa Portela queda ás portas do podio

Despois da prata de David Cal, Teresa Portela era a esperanza doutra medalla para o piragüismo galego, mais quedou a milésimas de acariñar o bronce. É o cuarto diploma olímpico para a padeeira galega.

Foi unha proba dura, co vento en contra, e a padexeira canguesa non levou medalla por 198 milésimas. Nos últimos metros estivo por un momento en terceira posición, mais, finalmente, o bronce levouno a húngara Natasa Douchev-Janis. A competición de K1 200 metros feminina foi unha carreira trepidante, que gañou a neozelandesa Lisa Carrington. A prata foi para a ucraína Inna Osypenko.

Era a primeira vez que Portela se clasificaba para unha final olímpica na categoría individual. Esta cuarta posición suponlle o seu cuarto diploma, despois de levar dous en Atenas no 2004, nas probas de parellas e de catro de 500 metros, e outro en Pequín hai catro anos, tamén en K4-500.

Teresa Portela queda ás portas do podio
comentarios