SON OS SEUS QUINTOS XOGOS OLíMPICOS

Teresa Portela faise co pasaporte para os Xogos de Río 2016

A piragüista galega Teresa Portela asegurou hoxe a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río. Os do ano que vén serán os quintos Xogos para a deportista de Cangas.

teresa portela
photo_camera teresa portela

Teresa Portela conseguiu hoxe o pasaporte para os Xogos Olímpicos de Río 2016, amais de lograr meterse na final de K1-200 do Mundial de Piragüismo de Milán, que terá lugar mañá. A galega asegura, así, a súa participación, por quinta vez, nuns Xogos Olímpicos, logo de competir en Sidney 2000, Atenas 2004, Beijing 2008 e Londres 2012.

No seu palmarés olímpico, Teresa Portela, á que se lle resiste o pódium, consegiu un cuarto posto, tres quintos postos, un sexto posto e un décimo posto. A galega conta con 13 medallas mundiais (das cales dúas son de ouro, seis de prata e cinco de bronce) e 17 europeas (das que sete son ouros, catro pratas e seis bronces).

Comentarios