A tempada da Conferencias Rías Baixas de billarda pon o ramo este sábado en Poio

Oito equipas participarán nesta última xornada, que decorrerá na Reiboa e tras a cal haberá unha gala de entrega de premios.

billarda o varal

A Reiboa (Poio) acolle este sábado a 18ª e última xornada da tempada de billarda na Conferencia Rías Baixas. Palanadoras e palanadores poñerán sí o ramo á campaña que o pasado 2 de setembro arrancaba no Grove e que desde aquela percorreu máis dunha decena de concellos das comarcas do Salnés, Pontevedra e O Morrazo. En total, 161 palanadores e palanadoras tomaron parte nesta competición, o que para a organziación mostra “o bo estado deste deporte tradicional” e como o mesmo vaise “popularizando”.

A xornada final comezará este sábado ás 16:30 horas e contará coa participación de varias equipas: Corredoiras, Gharaboto, Armadiña, Lúa de Forza, Rinoceronte, Valpaços Terra Quente, Laxe de Rons e Andarela. Aquí decidiranse os últimos billetes que fican para a clasificación de cara ás finais de billarda que se desputarán en Compostela o vindeiro 27 de maio.

Finalizada a xornada haberá unha gala de entrega de premios, con música e capoeira. Esta xornada está organizada por Armadiña e a Liga Nacional de Billarda (LNB) e conta co apoio da concellería de Deportes de Poio e a Deputación de Pontevedra.

Comentarios