Berizzo reservou varios titulares para Genk

Os suplentes do Celta Arrancan os tres puntos en Granada

Jozabed, Marcelo Díaz e Beauvue marcaron no dramático debut de Adams no banco do Granada

celebracion270916
photo_camera O Celta venceu o Granada 0-3

O Celta de Vigo sacou os tres puntos do estadio de Los Cármenes grazas aos goles de Jozabed, no minuto 23 de partido, e, xa na segunda parte, de Marcelo Díaz e Beauvue, que en dous minutos -do 74 ao 76- sentenciaron a un Granada que non foi quen de comezar con vitoria a nova etapa de Adams no banco local. 

O conxunto vigués demostrou que ten fondo de armario suficiente e de garantías. O once que esta noite sacou ao céspede Eduardo Berizzo coa ollada posta no partido de volta que os vigueses disputarán en Genk esta semana estaba inzado de teóricos suplentes que, porén, rendiron a un gran nivel. 

O partido púxoselle de cara ao Celta cando Jozabed bateu o meta Ochoa a pase de Beauvue. Ámbolos dous, canda Bongonda, foron os xogadores máis destacados do enfrontamento, exhibindo unha gran mobilidade en ataque que o Granada, practicamente desafiuzado na Primeira División, non puido conter e demostrou máis unha vez que a un equipo metido no pozo a sorte lle foxe: na xogada anterior ao segundo tanto, o nixeriano Uche enviou o balón ao pao longueiro. 

A vitoria do Celta beneficia indirectamente ao Deportivo, que grazas ao seu triunfo de onte e ás derrotas dos colistas, consegue un colchón de nove puntos sobre os postos de descenso.