Superar os estereotipos de xénero e o modelo masculinizado no deporte

Observatorio da Mariña pola Igualdade e Asociación Mulleres Deportistas Galegas organizan as ‘Xornadas Mulleres e Deporte: Rachando cos moldes do adestramento’.

Tripulación feminina de Amegrove

Existe, haina, é real, a desigualdade que se respira no ámbito deportivo, “cargado de estereotipos de xénero, masculinizado e baseado nun modelo androcéntrico”, indican desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Por iso, explican, “fronte ao modelo tradicional elaboramos un proxecto innovador cunha óptica feminista”.

Dese proxecto fai parte as I Xornadas Mulleres e Deporte: Rachando cos moldes do adestramento’ que organzia o propio Observatorio e a Asociación Mulleres Deportistas Galegas. Un econtro que decorrerá o 15 de setembro na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo.

“Queremos cuestionar o que se está a facer neste momento, concienciar as deportistas e tamén as e os profesionais que as rodean da importancia de traballar sobre propostas transformadoras baseadas nas características fisiolóxicas e anatómicas propias dos corpos das mulleres para evitar lesións e acadar o máximo rendemento posible”, indican desde a organización.

Durante a mañá abordaranse temas como o ciclo menstrual, a importancia do adestramento de forza e a alimentación como piar fundamental na esfera deportiva. Seguirase pola tarde cunha práctica de consciencia corporal, ademais de poñer sobre a mesa a dor durante a menstruación e análise da necesidade dun cambio.

A Xornada ten unha cota de inscrición de 10 euros que se reduce a 5 para os tecidos asociativos do OMI e Mudega.

Comentarios