O Lugo perde ante o Eibar un partido que xogou contra 12

O árbitro, determinante para a derrota albivermella en Euskadi.
Whalley parou o primeiro penalti inxusto, pero non o segundo. (Foto: La Liga).
photo_camera Whalley parou o primeiro penalti inxusto, pero non o segundo. (Foto: La Liga).

Contra 12 non se pode xogar. Os 11 do Eibar máis o árbitro foron demasiado para un Club Deportivo Lugo que perdeu 0-1 na casa dos vascos.

O primeiro tempo foi tan gris como os tradicionais altos fornos guipuscoanos. Hernán Pérez optou por un once con Whalley, Loureiro, Xavi Torres, Alberto Rodríguez, Zé Ricardo, Carbó, Señé, Sebas Moyano, Cuéllar, El Hacen e Chris Ramos, e neses primeiros 45 minutos a igualdade foi a tónica principal.

As principais oportunidades de gol albivermello foron as que tivo Sebas Moyano nos minutos 15 e 43, mentres que por parte do Eibar foi un gol anulado a Blanco Leschuk no 28 por fóra de xogo.

Quique González, ex do Dépor, sentenciou o Lugo

Despois do intermedio a igualdade entre ambos os contendentes volveu ser a tónica, que a piques estiveron de rachar os vascos no minuto 64 logo de que o árbitro pitara un penalti por man claramente involuntaria de Xavi Torres, pero un soberbio Whalley detivo o lanzamento.

Lamentabelmente, o colexiado non quedou satisfeito e xusto despois de que se cumplira o tempo regulamentario volveu sinalar a pena máxima de forma inxustificada, nesta ocasión por "man" de Zé Ricardo.

Outro ex do Dépor, Quique González, superou, esta vez si, o colosal Óscar Whalley.

Comentarios