Sory Kaba tumba o Lugo

Os lucenses caen perante o Elche (2-1).

lugo futbol

Dous goles de Kaba, que xa suma seis tantos, derrotaron un Lugo que non atopou compostura nin ideas abondo para gañar o partido. Se ben mellorou a medida que avanzaba o encontro, non soubo concretar o dominio do balón, mentres os ilicitanos semellaban sentirse cómodos deixando que o Lugo tivese a bola.

Após encaixar cedo o primeiro gol os galegos foron aos poucos concienciándose de que o empate era posíbel. Tardou en chegar, no minuto 71, mais a resposta do Elxe foi contundente e rápida: outro gol de Kaba dous minutos despois.

Os últimos minutos do partido viron un Lugo a intentalo por todos os medios, ás veces mesmo de forma desordenada, e cun Elxe ao contraataque para ‘matar’ o partido. Finalmente, vitoria ilicitana. A equipa que chegaba a esta cita máis precisada dunha vitoria

Ficha técnica:

Elxe (2): José Juan; Tekio, Gonzalo Verdú, Neyder Lozano, Juan Cruz; Manuel Sánchez; Borja Martínez (Redru, m.68), Javi Flores, Iván Sánchez (Chuca, m.51), Nino (Xavi Torres, m.77) e Sory Kaba.

Lugo (1): Juan Carlos; Campabadal, Vieira, Josete Malagón, Kravets; Pita, Seoane (Aburjania, m.83), Azeez (Escriche, m.75); Iriome (Lazo, m.57), Cristian Herrera e Dongou.

Goles: 1-0, m.17: Sory Kaba. 1-1, m.71: Lazo. 2-1, m.73: Sory Kaba.

Árbitro: Soto Grado (Comité Riojano). Amoestou Neyder Lozano, Iván Sánchez e Manolín por (Elxe) e a Josete Malagón polo Lugo.

Comentarios