A sombra da folga volve sobrevoar a liga de fútbol feminino no Estado

Ruído de sabres entre o colectivo de xogadoras
As deportistas mostraron a súa unidade baixo o paraugas de AFE. (Foto: EP).
photo_camera As deportistas mostraron a súa unidade baixo o paraugas de AFE. (Foto: EP).

O incidente de Camila Sáez foi a pinga que desbordou o vaso da paciencia das xogadoras de fútbol no Estado español.

Esta pasada fin de semana, nun choque entre Raio Vallecano e Athletic de Bilbao da Primeira Iberdrola, a chilena caía lesionada, pero como o conxunto madrileño non conta con servizos médicos nos partidos das mulleres, tivo que ser atendida polos doutores do seu rival.

"Estamos cansas de esperar, porque tan só esiximos as condicións que merecemos", sinalou Silvia Meseguer

Isto únese aos reiterados incumprimentos con respecto ao convenio asinado en febreiro de 2020 que veñen denunciando o colectivo de xogadoras no camiño cara á profesionalización do seu deporte, polo que, tal e como detallou a atlética Silvia Meseguer, "se isto segue así, haberá que facer folga".

"Estamos cansas de esperar, porque tan só esiximos as condicións que merecemos", engadiu.

Na mesma liña pronunciouse Amanda Sampedro, quen resaltou que "o fútbol feminino merece dar pasos cara adiante, pero ante o bloqueo que vive parece que vai cara atrás.

O único que queremos é formar parte dunha liga profesional para poder medrar todas xuntas".

O vicepresidente do sindicato maioritario (AFE), Diego Rivas,  non sinala "a ninguén", mais considera que "as únicas prexudicadas son as futbolistas, e por parte de xente que enche a boca coa palabra igualdade".

Comentarios