Siareir@s galeg@s estrea web

O colectivo que desde os anos 90 reivindica que Galiza poda competir no deporte a nivel internacional estrea páxina web.
Siareiras


Siareir@s Galeg@s é un colectivo formado siareir@s dos equipos de futbol e doutros deportes do país. Desde o ano 1995 tentan que Galiza poda competir a nivel internacional e organizan cada ano actividades como competicións de xogos tradicionais e, desde o abandona da Secretaría Xeral do Deporte da Xunta, doa partidos que xoga a selección galega de fútbol no mes cada ano de decembro.

Xunto á web Siareir@s Galeg@s traballarán as redes sociais para darlle máis difusión e actualización e ter maior posibilidade de espallar o sentimento de apoio cara a nosa selección

Agora veñen de estrear unha nova e moi completa páxina web que servirá para a difusión das súas actividades, un soporte para o material gráfico e escrito (entrevistas, artigos, multimedia,...) que teñan, ademais de ter á venda as camisolas da propia selección galega de futbol.

Xunto á web Siareir@s Galeg@s traballarán as redes sociais para darlle máis difusión e actualización e ter maior posibilidade de espallar o sentimento de apoio cara a nosa selección. A web informa, tamén do número de conta para quen desexe colaborar economicamente co colectivo.

Comentarios