Sheila Sánchez ficha polo Vorderland e tórnase na segunda futbolista profesional galega

A equipa austríaca xoga en Segunda División e márcase o ascenso como obxectivo da nova tempada.

Sheila Sánchez
photo_camera [Imaxe Revista de fútbol feminino galego]

A lateral do Sárdoma, Sheila Sánchez Pose, converteuse xa na segunda futbolista galega que chega a profesional após Vero Boquete. Sánchez foi fichada pola equipa astríaca FFC Vorderland onde xogará como defensa, segundo informou a Revista do Fútbol Feminino Galego através da súa conta na rede social Facebook

O contrato foi asinado o 11 de xuño e a finais de mes viaxará até o país centroeuropeo para se incorporar á equipa. 

O Vorderland foi terceiro na pasada tempada e márcase como obxectivo o ascenso. O primeiro partido da galega será o 23 de agosto, na xornada inaugural da Bundesliga, cando o Vorderland reciba en Sulz ao Geretsberg. 

As futbolitas galegas, na elite

Sheila foi habitual nas seleccións galegas sub'16 e sub'18 entre os anos 2009 e 2013. Na tempada 2013/14 recibiu o premio á mellor lateral esquerda galega na Gala organizada pola Revista do Fútbol Feminino Galego.

Sheila Sánchez, xunto a  Vero Boquete (FC. Bayern), son as dúas únicas futbolistas galegas con ficha profesional porén tamén outras están a traballar na elite do fútbol. Neste senso, Irina (At. Madrid), Sarita (At. Granadilla) e Natalia (Santa Teresa), foron fichadas nesta pre-tempada con destino a outros territorios do Estado español onde xa xogan Mari Paz (Valencia C.F.), Ana Buceta (Levante U.D.) e Anair (R.C.D. Espanyol).

Comentarios