O Sevilla remonta en Riazor nunha polémica segunda parte (2-3)

O esforzo do Deportivo na primeira parte, que chegou ter 2 goles de vantaxe, non tivo recompensa. Moi criticada actuación arbitral, perdoando un claro penalti ao Sevilla.

depor servilla
photo_camera Imaxe La Liga

O Deportivo acabou perdendo un partido que no minuto 42 da primeira parte ía gañando por 2 goles a 0. Unha derrota que doe especialmente, tanto pola polémica segunda parte con decisións arbitrais máis que controvertidas e que prexudicaron os coruñeses, como por culminar o Sevilla a remontada no tempo de desconto, dando a volta ao marcador e sentenciando o definitivo 2-3. É un golpe tamén para un Dépor que mellorou a imaxe a respecto de partidos interiores mais que esa mellora non serviu para ficar con algún punto neste encontro, que asumía como trascendental.

O Dépor saíu enchufado e colleu ao Sevilla nas verzas, enchufando o primeiro tanto no minuto un, obra de Babel rematando de cabeza un pase de Juanfran. Os andaluces non se viñeiro abaixo e tentaron controlar o partido, apostando en monopolizar a bola. O Dépor tentaba apalpar as feblezas que o Sevilla podía deixar en defensa, nunha fase do partido de balóns soltos. Os branqui-azuis lograron o segundo gol, obra de Andone, que se foi de tres rivais para bater Sergio Rico. Pouco gozou o Dépor porque cai de inmediato marcou Nzonzi para o Sevilla a piques de finalizar a primeira parte.

O segundo tempo comezou coa entrada de Vitolo no Sevilla, un xogador determinante. Ao Dépor custáballe ficar coa bola, mais non desestía e armaba contragolpes. Na primeira parte fixera un esforzo físico moi grande e iso ía deixar pegada nesta segunda metade. No minuto 73 decorreu unha xogada decisiva: Mercado empurra Andone na área sevillista, mais o árbitro non sinala penalti. Panolada en Riazor, onde a sensación de ser albo de erros arbitrais aumenta partido tras partido. Podía ser o 3-1 e deixar o partido encarrilado.

Mais o que chegou foi o empate, o 2-2, nun tanto de Vitolo, no minuto 87 nunha xogada con múltiples rexeitamentos. Pouco antes, no 83, Mateu Lahoz amosou cartón amarelo Vietto por unha agresión a Arribas para a que a afección coruñesa pedía o cartón vermello. Co empate a dous goles tensión en nervios aumentaron. Finalmente foi o Sevilla o que decantou o partido, cun gol de Mercado no tempo de descanso que deixaba o resultado en 2-3.

Comentarios