A selección galega, a pola Copa do Mundo de Ciclocrós

Buba, Mira e Rodríguez representarán Galiza
As ciclistas do país queren repetir os triunfos do recente Estatal. (Foto: FGC).
photo_camera As ciclistas do país queren repetir os triunfos do recente Estatal. (Foto: FGC).

Logo de brillar no Campionato de España, a Selección da Galiza de Ciclocrós lánzase á conquista dun desafío maiúsculo, todo un reto internacional.

Tres das corredoras que subiron ao podio o pasado domingo no Estatal de Xàtiva (Valencia) defenderán unha semana despois as cores do combinado nacional no penúltimo evento da Copa do Mundo 2021-2022: o júnior Ricardo Buba, a tamén júnior Laura Mira e o Sub-23 Miguel Rodríguez.

Deste modo, Galiza estará representada na liña de saída da UCI Cyclo-Cross World Cup de Flamanville (Francia), localidade da rexión da Baixa Normandía que recibe este domingo, 16 de xaneiro, os e as mellores especialistas do planeta na modalidade invernal do ciclismo. 

O programa de carreiras da que será a décimo cuarta xornada da Copa do Mundo -certame da Unión Ciclista Internacional que comezou o 10 de outubro do pasado ano 2021 en Waterloo (Estados Unidos) e que concluirá o 23 de xaneiro en Hoogerheide (Países Baixos)- arrancará ás 09.30 horas coa competición júnior masculina, e a continuación desenvolverase a proba xuvenil feminina (10.30 horas). A quenda dos Sub-23 chegará ao mediodía (12 horas). 

A estrea do ciclismo galego na competición

Até o de agora ningunha corredora galega -nin masculina nin feminina- tivo a posibilidade de participar no que vai de tempada nunha cita da Copa do Mundo, pero o trío convocado polo seleccionador nacional Alberto del Río para viaxar a Flamanville xa gozou esta campaña dunha experiencia internacional, pois as tres ciclistas formaron parte do equipo que representou o Estado español no Campionato de Europa que se levou a cabo a principios de novembro na localidade de Drenthe (Países Baíxos).

Con respecto ás súas posibilidades en competición, as tres representantes da Galiza chegan co aval que supoñen os seus grandes resultados no Campionato de España.

No certame estatal, o gondomareño Buba (Coruxo) colgouse o ouro na categoría xuvenil; a pontevedresa Mira, corredora do Supermercados Froiz, fíxose coa prata júnior; e o ponteareán Miguel Rodríguez, tamén do Supermercados Froiz, acadou o bronce Sub-23.

Comentarios