A selección galega de fútbol gaélico inicia o seu preparatorio para o Mundial de Dublín

Galiza competirá no campionato que decorrerá en Irlanda do 7 ao 14 de agosto e no que tomarán parte Australia, Sudáfrica, China, Canadá, Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bretaña, Italia e Reino Unido, entre outros.

Fútbol gaélico selección Foto-AGFG
photo_camera Foto-AGFG

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico confirmaba hai uns días oficialmente a presenza da Selección Galega, masculina e feminina, deste deporte nos Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico, que terán lugar do 7 ao 14 de agosto en Dublín, Irlanda. Unha competición organizada pola federación irlandesa, a GAA, co patrocinio de Etihad Airways. Equipos de Australia, Sudáfrica, Arxentina, China, Canadá, Oriente Medio, Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bretaña, Italia e Reino Unido tomarán parte no mundial. Agárdase que perto de 10,000 personas estarán implicados nesta edición dos GAA World Games entre xogadores, adestradores, familias e afeccionados.

O sábado 21 de maio terá lugar en Sada o primeiro partido amigábel na preparación da Selección Galega para eses Mundiais GAA. Os partidos celebraránse no campo de fútbol municipal Andrés Pena con organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o club A Coruña Fillos de Breogán e coa colaboración do Concello de Sada que acolle o evento. A entrada será de balde. O primeiro encontro será ás 15:30 horas e enfrontará a dous combinados da preselección feminina. O segundo encontro será ás 16:30h e nel xogará a Selección Galega masculina contra unha selección de xogadores irlandeses e locais representando a Andalucía.

A nosa selección

A historia da selección galega de fútbol gaélico comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día debutou o combinado nacional cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña . O histórico da selección masculina componse de 12 partidos, saldados con 6 vitorias e outras tantas derrotas. A selección feminina desputou 9 encontros: gañou 2 e caeu derrotada en 7.

Pre-convocatoria

Selección feminina

Jerry Holmes e Carlos Torres (adestradores)

Auriense FG de Ourense: Alba Rodríguez

Braithreachas A Estrada: Beatriz Tilve

A Coruña Fillas de Breogán: Laura Abelleira, Paula Abelleira, Gema Vidal, María Corrochano, María García, Alba Fontán, Raquel Fernández, Eva Lago, Patricia García, Ariadna Sánchez

Irmandinhas A Estrada: Paula Castro, Andrea Piñeiro, Eva Porto, Ana Vilar, Candela Vilas, Marina Fontenla, Maryluz Mendoza, Lucía Cortizo, Athenia Álvarez

Estrela Vermelha FG de Compostela: Ánxela Estévez, Vanesa Iglesias, Lucía Mella

Mecas FG: Andrea Campos, María Triñanes

Pontevedra FG: Cristina Magariños, Sonia Sobral, María Crespo, Mónica González, Nuria Tilve

Selección masculina:

 Alexandre Sanmartín (adestrador)

Ártabros de Oleiros: Juan Mejuto

Braithreachas A Estrada: Hermas Baro

Irmandinhos A Estrada: Daniel Castro, David Fuentes, Javier Alonso, Marcos Gañete, Pablo Bernárdez, Pablo Durán

Estrela Vermelha FG de Compostela: Rubén Leborán, David de la Torre, Manuel Suárez, Iago Couso, Pablo Bermejo, Adriano Quiroga

A Coruña Fillos de Breogán: Javier González, Alberto Méndez, Alejandro Seijas, Aro Oliveira, Jose A. Barbeito, Alexandre Longueira

Herdeiros de Dhais FG de Lalín: Daniel Iglesias

Pontevedra FG: Pablo Loira, Jacobo Liño

Mecos FG de O Grove: Mario Iglesias

Comentarios