Seis medallas en Péntatlon para Galiza na Copa de Europa de Portugal


Dous ouros, unha prata e tres bronces para a selección galega de Péntatlon Moderno coa participación, tamén, de deportistas lusos, británicos, franceses e italianos.
Aroa Freije selección Pentatlon galego
photo_camera Aroa Freije na selección galega de Pentatlon

A selección galega de Péntatlon Moderno conseguiu seis medallas (dous ouros, unha prata e tres bronces) na Copa de Europa de Péntatlon que se disputou esta pasada fin de semana en Lisboa. Neste competición participaron, ademais da Galiza, Portugal, Gran Bretaña, Francia e Italia. O noso país estivo representada por 12 deportistas que participaron nas categorías de benxamin, cadete e infantil. A proba está incluída no calendario da Unión Internacional de Péntatlon Moderno e aporta puntos para o ranking europeo.

Unha das actuacións máis agardadas foi a de Aroa Freije en cadete feminina que non defraudou e conseguiu o ouro. Aroa tivo un man a man coa británica Millie Bach, aínda que a galega ía sempre por diante, pero na curva previa á meta a británica tivo un tropezón e non puido finalizar a proba. Aroa rematou na primeira posición cun total de 3.428 puntos, mentres que segunda foi Dani Chattenton.

En cadete masculino, o representante da Federación Galega de Tríatlon Joel Rois acadou o bronce (3640 puntos), despois de remontar desde a quinta posición. O galego saíu da natación a 44 segundos da cabeza de carreira pero logrou chegar ata o podio na combinada. En primeira posición rematou Daniel Filipe Lopes e segundo foi Eduardo Castelo.

A proba está incluída no calendario da Unión Internacional de Péntatlon Moderno e aporta puntos para o ranking europeo.

Lúa Vidal logrou a medalla de bronce na categoría infantil feminina, mentres que Lorena lglesias foi quinta e Yolanda Rodríguez, novena. Lúa estivo loitando polo segundo posto con Bárbara Coello (Portugal) até os últimos metros, pero ao final non puido quedar por diante da lusa. A gañadora foi María Teixeira.

Na proba feminina, Galicia competía con tres deportistas e logrou a medalla de bronce da man de Uxía Fernández. Ademais Andrea Vidal foi 12a e María López ocupou o posto 14a. Hai que destacar a gran remontada de Uxía até o bronce, xa que saíu da natación no posto catorce. Nesta proba a gañadora foi Mafalda Serafín (Portugal), mentres que segundo foi Jesica Sella (Gran Bretaña).

En alevín masculino, Martín Freije loitou polo primeiro posto até os últimos metros co portugués Joao Valido. Saíu da última tirada en primeira posición, pero o deportista local logrou adiantalo na carreira, mentres que Martín logrou a medalla de prata.

Na categoría benxamín masculina Esteban Basanta logrou a medalla de ouro, por diante de Diogo Guerreiro e Francisco Santos, ambos de Portugal. Na proba feminina, Iria Fernández foi sétima, mentres que a gañadora foi Carlota Rezendes (Portugal).

Comentarios