Seis goles, un punto

O Celta empata na casa (3-3) contra o Girona nun partido vibrante no que tam´ñen se evidenciaron as feblezas dos celestes.

celta girona
photo_camera Imaxe: LFP.

Seis goles –catro deles en apenas 16 minutos- nun partido vibrante, intenso e até toleirán en Balaídos. Un encontro do que o Celta non tirou máis rendemento que un punto, o mesmo que tirou o Girona. Defensas co queixo de cristal as de ambas dúas equipas nos primeiros compases do partido, o que explica o festín de goles.

O Celta volveu amosar que lle custa rendabilizar os goles e os partidos e volveu deixar escapar puntos na recta final do encontro, como contra o Xetafe. A maiores, lesión de Hugo Mallo, un dos bastións da equipa galega. Parece que non hai xeito de encadear dúas vitorias consecutivas.

O Celta tiña bola e posesión mais, pasada a treboada dos 4 goles, non daba atopado o gol. O Girona tiña oportunidades. Na segunda metade repregouse no seu campo mais sempre tivo a mira posta na portería célica. O gol de Was a 15 minutos do final adiantaba o Celta mais non garantía nada. Os vigueses optaron por recuar para protexer o resultado e o Girona aproveitou, atopando o seu terceiro gol e o empate.

Ficha técnica

Celta (3): Rubén, Hugo Mallo (Cabral, min.64), Sergi Gómez, Fontàs (Roncaglia, min.57), Jonny, Lobotka, Jozabed, Wass, Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.72), Maxi Gómez.

 Girona (3): Iraizoz, Bernardo, Mojica, Alcalá, Pons, Portu, Stuani (Kayode, min.68), Juanpe, Aleix García (Douglas, min.83), Maffeo y Borja García (Olunga, min.74).

 Goles: Sisto (1-0, min.8); Portu (1-1, min.10); Stuani (1-2, min.14); Maxi Gómez (2-2, min.16); Wass (3-2, min.76); Juanpe (3-3, min.85).

 Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Maxi Gómez, Emre Mor (Celta); Bernardo, Stuani, Juanpe, Pere Pons (Girona).

 Campo: Balaídos (16.126 espectadores).

Comentarios